Un empurrón dixital para o teu negocio local
Se tes un pequeno negocio en Ourense ou na contorna e sabes que as redes sociais, as fotos e a túa ficha Google son importantes… pero non sabes por onde comezar (ou non tes tempo), isto é para ti.
“Bótate á rede” é o noso servizo especial para pequenas empresas que queren mellorar a súa visibilidade dixital cun só pago e sen compromisos mensuais.
Que inclúe?
🔍 Análise e optimización das túas redes sociais
Vemos o que tes, o que necesitas e deixámolo listo para funcionar.
📚 4 horas de formación personalizada
Aprenderás a sacar máis proveito das túas redes sociais, cunha linguaxe sinxela e sen tecnicismos.
🧠 Elaboración dun Social Media Plan
Coñecerás que publicar, como facelo e cando. Nada de improvisar.
📍 Optimización da túa ficha de Google
Para que a xente che atope cando busque o que ti ofreces.
📸 Sesión fotográfica profesional
40 fotos do teu local, produto ou servizo que poderás usar onde queiras. Imaxes que transmiten confianza e profesionalidade.
📦 Entrega de todo o material
Para que o poidas usar durante todo o ano: calendario de contidos, imaxes, textos…
💸 Canto custa?
Un só pago de 597 € (máis ive).
Sen mensualidades. Sen sorpresas. Sen letra pequena.
🐟 Para quen é?
Para calquera pequeno negocio ou proxecto de Ourense e provincia.
Se es panadeiro, artesá, tenda de barrio, proxecto cultural ou servizo local… isto é para ti.
🎣 Só unha praza ao mes
Este servizo require mimo, por iso só ofrecemos unha praza ao mes.
Se che interesa, reserva canto antes!
⚓ Por que con Redeiras?
Porque falamos o teu idioma, sabemos como son os pequenos negocios… e facémolo fácil. Aquí non hai postureo, hai resultados.
📬 Queres botarte á rede?
Completa o formulario e poñémonos en contacto contigo para comezar a darlle vida á túa presenza dixital.